Arquivo por días: Abril 11, 2013
Os “tratos” do Bloque con Herri Batasuna
No Telexornal Serán do mércores 10 de abril pódese escoitar que ” o Presidente Feijóo replicou que non acepta leccións morais do Bloque porque anda en tratos con Herri Batasuna” (sic).
Como se pode escoitar no enlace Feijóo realmente pregúntalle ó nacionalismo “se cando invitaba a Herri Batasuna ó Día da Patria coñecía a súa relación co terrorismo”.
Herri Batasuna desapareceu despois da súa refundación no ano 2001 convertido en Batasuna, que á súa vez se autodisolveu en xaneiro deste ano.
Manipulación dende o titular
Así titulou a CRTVG o debate parlamentario do mércores 10 de abril no que o Presidente da Xunta compareceu para explicar a súa relación con Marcial Dorado.
Como podedes escoitar no seguinte enlace Feijóo dixo que “o bipartito concedeulles ás empresas de Dorado máis axudas que calquera das lexislaturas do Presidente Fraga”. O titular da web da CRTVG en cambio omite a alusión ás lexislaturas do Partido Popular.
Así trataron os xornais con máis lectores de Galicia a información.
Dúas horas en 25 segundos
En 25 segundos se despachaba no Telexornal Serán a comparecencia de dúas horas de Ángel Sanchís, ex tesoureiro popular ente 1982 e 1987, diante do xuíz Ruz para explicar a súa relación con Luís Bárcenas. Foi o 10 de abril de 2013.
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/10/actualidad/1365625626_431449.html
http://www.abc.es/espana/20130410/abci-sanchis-declaracion-barcenas-201304101916.html
http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Ruz-Angel-Sanchis-Barcenas-Suiza_0_1586025025.html
Debe estar conectado para enviar un comentario.