As declaracións do Valedor do Pobo

valedor

Sábado, 6 de abril. O Valedor do Pobo en funcións, Xosé Xulio Fernández, respalda públicamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no caso das fotografías co narcotraficante Marcial Dorado. O Telexornal Serán recolle estas declaracións.

Sábado, 6 de abril e domingo, 7 de abril. Os tres partidos da oposición censuran estas declaracións do Valedor do Pobo.
As reaccións de PSdeG (o sábado), e de AGE e BNG (o domingo en declaracións ás axencias de noticias tras a manifestación contra a a mina de Corcoesto) non aparecen en ningún Telexornal. Beiras evitou valorar as palabras do Valedor a preguntas dos xornalistas presentes en Corcoesto (entre eles un equipo da TVG) a Vence non se lle fixo ningunha pregunta o respecto. Si falaron despois coas axencias de noticias. Os teletipos chegaron antes das 14:15 pero esas declaracións non apareceron en ningún Telexornal.

Declaracións sobre Portugal

causapié

Sábado, 6 de abril. A secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, pide ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que “tome nota do varapao” sufrido polo Goberno de Portugal tras a decisión do Tribuna Constiticonal luso de declarar ilegais varias das súas medidas de axuste. As declaracións da dirixente socialista non aparecen en ningún Telexornal.

 pons
Domingo, 7 de abril. O vicesecretario xeral de Estudios e Programas do PP, Esteban González Pons, asegura que España “estaría como Portugal se continuase o PSOE no Goberno central”. As declaracións do dirixente conservador si teñen eco nos dous Telexornais.

http://www.crtvg.es/informativos/pons-espana-non-esta-como-portugal-grazas-as-medidas-do-goberno-de-rajoy-562738

Evitando dicir que o Alcalde de Moaña é do PP

 No Telexornal serán do 27 de marzo dase unha breve información sobre a solidariedade mostrada polo goberno local (do PP) aos afectados polas Preferentes, e mesmo se poñen as imaxes de cando o Alcalde, José Fervenza, recolle unha camiseta de apoio e pona por enriba da súa roupa no mesmo salón… pero non se di en ningún momento que o rexedor é do Partido Popular (que é contrario ás mobilizacións e protestas dos afectados).
Ao mesmo tempo, en Ferrol unhas cen persoas tamén afectadas polas Preferentes interrompen e alborotan o Pleno do concello, criticando con dureza ao PP (partido que goberna) pola súa actitude. Os Informativos da TVG non dan absolutamente nada sobre o ocorrido.

Patrimonio de Louzán e de AGE

Louzan
O mesmo día que se coñece a declaración de bens de Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, algúns medios destacan que o único alto cargo do PP que aínda queda por publicalos é o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
AGE
 Os Telexornais non emiten nada sobre ese particular, pero o TX serán da un video no que se fala das declaracións patrimoniais feitas por deputados de AGE, que RESALTA sobre todo que aínda non o fixo Xosé Manuel Beiras. Toda a noticia dase cun printer (rótulo – comentario) no que se di que os de AGE “están hipotecados”, en vez de dicir, por exemplo, que “teñen hipotecas” ou “préstamos hipotecarios”… e péchase a información dicindo (dato irrelevante para o asunto que se trata) que un dos deputados desa formación declara como estado civil, que está “arrimado”…

Silenciando as críticas do Alcalde de Santiago

cidade culturaO 27 de marzo, o presidente da Xunta anuncia que se van paraliza-las obras da Cidade da cultura no Gaiás, por razóns de “prioridades” para Galicia…

No TX mediodía dase a información, cunha breve declaración de Feijoo de aproximadamente un minuto, pero non se da absolutamente nada da reacción crítica do alcalde de Santiago, Angel Currás, que en Radio Obradoiro di que “é unha mala noticia” e que se está “matando” un gran proxecto.

“El correo gallego” asegura que a decisión da Xunta caeu “coma un xerro de auga fría” na Alcaldía de Santiago.

Silenciando as mobilizacións do naval contra os gobernos do PP

O mércores 27-3-13 (Semana Santa), rexístrase en Ferrol unha multidinaria manifestación (os xornais falan de 2.000 persoas) de traballadores do sector naval e empresas auxiliares, contra o incumprimento das promesas de contratos por parte dos gobernos do PP (concello, Xunta e goberno central). Na marcha escenificouse un “vía crucis” procesional, acorde coas datas, no que se criticaba directamente ao Ministro de Facenda, Montoro, e aos presidentes dos executivos de Galicia, Feijoo, e de España, Rajoy…

O TX serán só emite unhas información de algo máis de 20 segundos, nas que non se ve ningunha pancarta (había ducias delas) nin se fai referencia ás críticas dos convocantes contra o PP. Por suposto, non se emite ningunha entrevista con traballadores nin representantes sindicais…
naval
Ahí queda o enlace da emisión na TVG, e a información tal como a publicou “La voz de Galicia”.