Bárcenas, reducido ao mínimo

El País vincula a Aznar cos sobresueldos que Bárcenas pagaba e afirma sufrir ameazas po PP para que non publique o sumario do caso.

el pais

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/18/actualidad/1366309302_442347.html

Mentres Izquierda Unida recusa a o xuíz da Audiencia Enrique López, para que non resolva recursos no Caso Bárcenas por estar vinculado a fundación FAES, afín ó Partido Popular e que preside José María Aznar.

http://www.publico.es/453964/iu-recusa-a-un-juez-del-caso-barcenas-por-su-afinidad-al-pp-faes-y-trillo

A información que fai pública a Galega é moi breve e non se fai referencia a recusación de IU.

Recortes no cheque-bebé

relacion bebe padres segun zodiaco
 
 
A Xunta aproba a orde do “cheque-bebé” para mil prazas en garderías. Non se ofrece o dato do recorte nos fondos destinados a este concepto: case o 18% 
 
 
 
Outros medios de comunicación oinforman do recorte orzamentario.
 
 
 

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/04/19/cheque-infantil-financiara-1000-plazas-guarderias-proximo-curso/794049.html

As recomendacións do FMI, non; a Basílica de San Pedro, si.

Na tarde do xoves 18 de abril, difúndese a noticia de que o Fondo Monetario Internacional (FMI) recoméndalle ao goberno español que os axustes no pais “non deben ser tan duros”.

         A directora xerente do FMI, Christine Lagarde, asegura que ESPAÑA TEN QUE SUAVIZALOS RECORTES, e debe ser máis flexible no axuste fiscal, xa que a taxa de paro está situada ao redor do 25 %…
           A TVG -unha vez máis- “pasa” olimpicamente de ofrecer esa información relevante (pola Institución de que se trata e pola posibilidade inminente de que o goberno do PP tome novas medidas de recortes económicos).
           Sen embargo, o TX serán ofrece informacións “de gran calado” como que en 1506 se puxo a primeira pedra da Basílica de San Pedro…