As protestas fanse fora

udc_2504_e

25 de abril de 2013. As protestas dos estudantes da Univesidade da Coruña que trasladaron as clases ás rúas da cidade non aparecen no Telexornal Mediodía.

http://www.crtvg.es/informativos/universitarios-catalans-protestan-polos-recortes-e-a-suba-das-taxas-574179

En cambio si se fai eco das protestas polos recortes educativos dos estudantes universitarios de Barcelona.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-grupo-estudiantes-udc-protesta-contra-recortes-educacion-defensa-ensenanza-publica-20121108125333.html

http://radiocoruna.com/informativos-radio-coruna/profesores-y-alumnos-de-la-udc-trasladan-las-clases-a-la-calle-en-protesta-por-la-ley-wert/gmx-niv14-con14198.htm

Asunto Dorado, case de puntillas

 

 

Dorado e Feijoo

Mércores, 24 de abril: os partidos da oposición volveron pedir en bloque a demisión do presidente da Xunta polas fotografías nas que aparece en compaña do narcotraficante, Marcial Dorado. En ningún momento se fala delo nos principais Telexornais, que se limitan a recoller intervencións dos voceiros do PsdeG e BNG e a correspondente resposta do presidente. O titular da web da CRTVG é: “Feijóo reprocha a actitude da oposición no caso de Marcial Dorado”.

Non se ofrece o momento no que Jorquera e Pachi Vázquez mostran recortes dun  xornal mexicano que fai referencia á reunión de Feijóo co presidente Peña Nieto facendo fincapé en que este ía recibir a  visita dun “político vinculado co narcotráfico”. Nin tampouco a resposta de Feijóo a Pachi Vázquez: “É un filón electoral para o PP”.

Unha voz autorizada sobre os escraches

índie

 

 

O presidente do Tribunal Supremo, Gonzalo Moliner, considera que os escraches a políticos son “un exemplo dunha liberdade de manifestación” sempre e cuando “non sexan violentos, como non o son” ou non supoñan unha ofensa ou un atentado “contra a liberdade das personas”.

 

http://www.rtve.es/noticias/20130424/moliner-asegura-si-escrache-violento-manifestacion-libertad-expresion/648322.shtml

As declaracións non se escoitaron en ningún dos principais Telexornais da Galega.

Protestas polas Preferentes: en Vigo non… en Bruxelas si!

827217_1

Xa demos conta de que o sábado pasado (20 de abril), os Telexornais fin de semana da TVG a penas deron uns segundos sobre a multitudinaria manifestación desenvolvida en Vigo, na que participaron unhas 15.000 persoas de Galicia e outros puntos de España en protesta pola “quita” que van sufri-los afectados, e contra os bancos, a Xunta e o goberno central.

          Pois ben, ese escasísimo tratamento informativo a un problema que afecta a milleiros de familias galegas, contrasta co que se ofreceu este mércores 24, no Telexornal mediodía, cando se anuncia que pola tarde… EN BRUXELAS !!!, os das Preferentes darán conta do seu problema aos eurodeputados.
         É dicir, redúcese á mínima expresión unha mobilización masiva en Galicia, e si se trata axeitadamente cando van a Bruxelas… mesmo cunha entrevista…
         Galicia e Bruxelas… tan preto… e tan lonxe !!!!!

Convulsión no Parlamento; sentido común na TVG

A convulsa sesión parlamentaria do mércores, 24 de abril foi a noticia de portada tanto no Telexornal mediodía coma no Telexornal Serán.

índice
O tratamento que se deu á noticia foi o correcto. De sentido común. Ofreceuse primeiro a escea  entre Beiras e Feijóo tal cal sucedeu.
Despois chegaron a sucesión de reaccións. Primeiro, o cara a cara entre o presidente da Xunta e a voceira de AGE.
A continuación a reacción, nos corredores do Parlamento (un feito pouco habitual na TVG), de todos os partidos. Primeiro, por separado, o PP:
E despois os tres grupos da oposición:
Para acabar, a declaración dun voceiro do Goberno, desta volta o vicepresidente:
No Telexornal Serán calcouse o relato informativo.
En resumidas contas, un tratamento á altura do que demandaba a noticia e, sobre todo, do servizo público ao que está obrigada a televisión de tod@s s galeg@s. Desde este blog facemos votos para que se manteñan o rigor e o sentido común. Facer as cousas ben costa pouco.