A Galega camufla a débeda real de concellos e deputacións

fegamp1

O Telexornal serán deste 17 de abril, fai un resumo das cifras totais facilitadas polo Ministerio de Facenda, sobre as débedas dos concellos e outras entidades locais e provinciais.

        Nese resumo só se da o balanzo (moi negativo) de 2012, pero non se di que hai un incremento de case o 20% respecto do ano anterior. Tampouco se comenta que o concello máis endebedado de Galicia é o da Coruña, con case 80 millóns de euros, seguido do de Santiago (curiosamente… ámbolos están gobernados polo PP).
Das Deputacións a que máis reducíu a súa débeda foi a de Lugo (-18,6) e debe 29,7 millóns. Despois Pontevedra (-12,2), pero debe 91,2 millóns. A Coruña (-15,5) debe 67 millóns, e Ourense (-0,7) debe 56 millóns.
      Por suposto, a TVG non da nada sobre que o concello español máis endebedado é Madrid (tamén rexido polo PP), con PRETO DE 7.500 MILLÓNS DE EUROS !!!!! (unha sexta parte do total español). Mesmo un xornal nada sospeitoso, como o ABC, ofrece a noticia destacada…
A TVG, na que información económica ten un papel destacado,  limitouse a emitir unha breve información duns 20 segundos sin concretar a débeda real dos concellos e deputacións de Galicia.

Bárcenas pactou con Cospedal cobrar en segredo e máis, sobresoldos… claro que sí

Barcenas afirma que pactou seguir cobrando en segredo. O 18 de abril hai informacións nas que se asegura que Luís Bárcenas, ex tesoureiro do Partido Popular, pactou coa secretaria xeral do partido, Dolores de Cospedal.
Barcenas pais
O fiscal preguntoulle a Bárcenas se sabía se no PP se pagaron sobresoldos. Bárcenas confirmou que deputados e senadores os recibían.

http://politica.elpais.com/politica/2013/04/17/actualidad/1366228089_795398.html

O “incómodo” Consello Escolar de Galicia

Mércores, 17 de abril: o Consello Escolar de Galicia, organismo que reúne á Administración, sindicatos, pais e pedagogos, rexeitou o decreto que prevé o copagamento en función da renda nos comedores dos colexios a partir do vindeiro curso, tal e como aprobou a Xunta. A noticia, que chega ás sete da tarde a todas as redaccións, recóllena moitos medios de comunicación esa tarde e ao día seguinte.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/17/galicia/1366220958_750522.html

En cambio, a Televisión de Galicia non ofrece ningunha información sobre unha noticia tan relevante, pero obviamente contraria á postura da Xunta e do Partido Popular.