As longas gadoupas da manipulación

Son moitos os casos de manipulación informativa que afectan os medios de comunicación. Hoxe falouse moito destes tres:

Unha subdirectora dos Servizos Informativos de TVE dimite tras enviar por erro ao Consello de Informativos un escrito no que critica a ideoloxía dalgúns dos seus membros nun ton despectivo. Os xornalistas de TVE están indignados porque constatan unha vez máis a conexión directa da dirección de informativos co PP.

O alcalde de Toledo levará aos tribunais a Castilla-La Mancha TV e ao seu director xeral, o xornalista Nacho Villa, pola “deliberada manipulación” dunha información emitida o pasado venres sobre o estado da cidade e na que se usaron imaxes de arquivo.
A canle 24H de RTVE corta a restransmisión da rolda de prensa da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, xusto cando lle preguntaban pola súa explicación do “sobresoldo en diferido” (sic) e en forma de “simulación” (sic) que o PP lle pagou a Luis Bárcenas.
Como vedes a manipulación e a conexión entre o poder político e os medios públicos de comunicación están moi presentes no día a día.

Declaracións polémicas do alcalde de Barreiros

 

barreiros

O alcalde de Barreiros do Partido Popular afirmou nun pleno que ” os comunistas deixan de selo cando teñen cartos, as feministas deixan de selo cando casan e os ateos deixan de ser ateos cando cae o avión no que viaxan”

Unhas declaración que xeraron gran polémica menos para a TVG, que non fixo referencia ó tema.

Beatriz Mato e a Operación Orquesta

matoO luns 15 de abril El País recollía unha información na que se aseguraba que o xuíz que investiga a Operación Orquestas, unha trama de corrupción de funcionarios e políticos na Costa da Morte, pedía abrir unha nova liña para ver si a conselleira Beatriz Mato tamén estaba implicada no tráfico de influencias.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/14/galicia/1365967588_362170.html

En ningún Telexornal se emitíu nada, malia que a conselleira de Traballo e Benestar Social fixo declaracións ante esta noticia nun encontro cos medios.

Ó día seguinte tamén saía publicada no xornal La Voz de Galicia unha referencia os correos electrónicos que Mato intercambio o alcalde de Fisterra para a contratación do persoal nun xeriátrico de Vimianzo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/04/16/auto-orquesta-abre-puerta-nuevos-procesos-corrupcion-politica/0003_201304G16P8993.htm