As ambigüidades de Feijóo sobre o aborto non interesan a TVG

feijoo gallardon

A diputada do PSdeG- PSOE Carmen Acuña censurou hoxe, 27 de xaneiro, que o presidente da Xunta “presuma de moderado” nas súas declaracións sobre a reforma da lei do aborto cando desde a Xunta apoia á asociación pro vida  Red Madre.

Acuña lembrou que a asociación recibiu casi 900.000 euros en subvencións do Goberno autonómico,  e que “da información ás mulleres embarazadas desde a páxina oficial da Xunta”.

En rolda de prensa, a parlamentaria socialista tachou de cínico a Feijóo por declararse agora en contra dalgúns aspectos da reforma promovida polo ministro Ruiz Gallardón, e acusa a Feijóo de “non mover un dedo ” para aplicar a actual Lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Acusacións contundentes que recollían algúns medios galegos este mediodía.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-psdeg-censura-cinismo-intolerable-feijoo-ir-moderado-legislar-favor-red-madre-20140127142311.html

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/306431-psdeg-presenta-proposicion-feijoo-vote-ley-aborto

http://elprogreso.galiciae.com/nova/306431-psdeg-presenta-proposicion-feijoo-vote-ley-aborto.

O Telexornal Mediodía de Televisión de Galicia preferiu non mesturar este polémico asunto, que mesmo está a xerar importantes conflitos dentro do PP, co presidente Feijóo. O informativo escolleu unha parte da rolda de prensa da parlamentaria socialista moito máis suave.

http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-galego-contrario-a-reforma-do-aborto-741194

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s