Manipulación é corrupción, pola sección sindical de CC.OO. na CRTVG

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018

 

Seguindo coa publicación dos artigos especiais polas 100.000 visitas ao noso blog, continuamos hoxe cos textos enviados polas distintas seccións sindicais que forman parte dos comités de empresa da TVG e da Radio Galega. Hoxe corréspondelle a quenda a Comisións Obreiras. A orde de publicación, de maior a menor representatividade, é CUT (publicado o venres, 24), CIG (publicado o sábado), UXT (domingo), USO (seguimos á espera para poder publicalo esta semana), CC.OO. (hoxe), Sindicato de Xornalistas (mércores, 29) e Alternativa Radio Galega (xoves, 30).

Manipulación é corrupción

Sección sindical de CC.OO. na CRTVG

 

Cando a manipulación alcanza cotas insoportables, o Comité de Empresa da TVG, a instancia dunha maioría ampla de traballadoras e traballadores da información de TVG decide poñer en marcha este blog. Hoxe celebramos que pervive, porque -desgraciadamente- o problema persiste.

Semella que aos que deberían solucionalo resúltalles máis rendible intentar matar ao mensaxeiro, pero aquí seguimos para traballar na consecución de tan digno obxectivo. Por iso temos que dar moitas grazas polo esforzo aplicado e o tempo dedicado, apreciados e apreciadas cooperantes de “Eunonmanipulo”. A calidade do produto e a función que cumpre, merecen a pena. Ademais, é a achega de servizo público que podemos darlle á sociedade que sustenta esta Empresa.

Agradecemento tamén para as compañeiras e compañeiros que exhiben a chapa coa lenda do blog. Sería importante que se uniran máis a esta acción, porque un problema ao que se da visibilidade acabará solucionándose. Así pasa o que pasa; os que teñen poder para resolvelo prefiren tapalo. Se coñece que o beneficio particular que obteñen e enorme e potente como para que esquezan os principios que debe aplicar quen traballa na información e especialmente, nunha televisión pública. É o que se tira das acción represoras da Dirección. Cantos máis atrancos poñan, máis esforzo temos que aplicar.

Claro que o mellor de todo sería que os e as “responsables” da manipulación cambiaran de actitude; que decidiran informar como é debido en democracia e converter a CRTVG nun auténtico servizo público. “Eunonmanipulo” xa non tería razón de ser.

Os tempos que vivimos parecen pouco propicios para que se cumpra ese anhelo. Suponse que quen se entrega a prácticas de manipulación por un complemento mensual na nómina dificilmente vai cambiar de posición se a economía xeral está deprimida. Ata pode que a rede medre; pero tamén cabe lembrar feitos recentes que non apetece volver ver. Non é de recibo que, chegado o momento critico final, na rede manipuladora muden sobre a marcha para, metamorfoseados/as en airosos/as adalides da información limpa, veñan a contarnos o que pasou anos atrás e tiveron calado. Non atopamos palabra que cualifique nunha medida aproximada esa actitude.

Polo que se ve, estamos ante a interacción de dúas partes que se retroalimentan. Isto é a manipulación. O equipo directivo manipulador necesita da cohorte de complementados e complementadas con responsabilidade pertencentes ao cadro de persoal e estes precisan dunha dirección así para cobrar máis. Agás moi contados casos, isto é un intercambio: fidelidade como relator e relatora da actualidade á súa maneira a cambio dun puñado, que debe ser ben bo, de euros. Nisto tamén existe diversidade de nivel ou de porcentaxe. A cantidade de diñeiro dependería do grao de responsabilidade que establezan ambas partes. Estamos ante unha situación na que os cartos que se manexan proceden das arcas públicas. Eses impostos estanse a utilizar para pagar actividades que incumpren a legalidade. Iso é corrupción. Así que, pedímoslles sentidiño a eses e esas responsables; reflexionen e concluirán que os e as contribuíntes de Galicia sosteñen a CRTVG para que sexa un servizo público plural e non o medio partidista e gobernodependente no que o teñen convertido. É o que reclamamos como contribuíntes e como traballadores desta Empresa, repetimos; Pú-bli-ca!.

A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO NA CRTVG CO BLOG EUNONMANIPULO

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s