Á Conselleira de Traballo non lle gusta a reforma da lei do aborto

                    O venres 14 de marzo, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, intervén nos “almorzos da Asociación da Prensa da Coruña”, onde afirma que non lle gusta o anteproxecto de reforma da lei do aborto promovida polo seu compañeiro de partido e Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.

                     Mato apelou a que se busque o consenso na tramitación da lei, engadindo que “pode facerse mellor e espero que cambie”, porque segundo ela “aquí falamos de conciencia, non de dereitas nin de esquerdas”.

As ambigüidades de Feijóo sobre o aborto non interesan a TVG

feijoo gallardon

A diputada do PSdeG- PSOE Carmen Acuña censurou hoxe, 27 de xaneiro, que o presidente da Xunta “presuma de moderado” nas súas declaracións sobre a reforma da lei do aborto cando desde a Xunta apoia á asociación pro vida  Red Madre. Seguir lendo

Novas fisuras no PP pola reforma do aborto

javier dorado

 Xoves, 2 de xaneiro: Novas Xeracións desautoriza ao seu número dous, o deputado no Parlamento de Galicia Javier Dorado, por cuestionar o anteproxecto de reforma do aborto do Goberno de Rajoy.

Seguir lendo