O martes 17 de decembro, o Telexornal mediodía fai toda unha demostración de manipulación informativa segundo que asuntos e noticias se aborden. Analizamos o tratamento que se fixo de varios temas, valorando a trascendencia dos mesmos e o tempo que se lles outorgou.
O Tx mediodía emite dous videos sobre o conflicto que vive o goberno local de Ourense; un deles cunha duración superior ao minuto e medio, algo completamente inusual nos informativos:
O mesmo informativo destaca tamén en máis de minuto e medio a petición de información da xuiz De Lara sobre un piso do actual presidente da Deputación de Lugo, o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro:
Podería discutirse o tempo e a importancia que se lles outorga a estas noticias no Telexornal. Pero aínda que fose un tratamento correcto e profesional, cando o comparamos con outras informacións emitidas no mesmo espazo, os responsables quedan en evidencia.
No mesmo Telexornal mediodía, solvéntanse en poucos segundos as seguintes noticias:
A condena do ex-presidente da CEOE (Díaz Ferrán, moi vencellado ao PP) a máis de dous anos de prisión por fraude fiscal:
A declaración da ex-presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre (PP), polo caso Gurtel:
http://www.crtvg.es/informativos/esperanza-aguirre-declara-como-testemuna-polo-caso-guertel-717487
E a decisión do goberno central (PP) de subir a tarifa eléctrica a partir de xaneiro:
http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-confirma-que-vai-subir-o-prezo-da-luz-en-xaneiro-717482
Pero se aínda non teñen clara a intención manipuladora, fagamos unha pequena comparación coas informacións críticas co PS de G – PSOE (os casos de Ourense e o de Lugo de Gómez Besteiro), e o que se fixo hai só dous meses no concello de Santiago, cando foron imputados sete concelleiros do PP por un posible delito de prevaricación
É dicir, só uns poucos segundos noTelexornal serán, e cunhas declaracións dunha das imputadas, a voceira do PP María Pardo, que insinúa unha “persecución política”. E non se ofrece ningunha opinión dos grupos da oposición no concello compostelán.
Outro exemplo (o enésimo) máis do que os responsables de informativos da TVG entenden por información veraz e honesta nun servizo público.