12 de decembro. A Moncloa remata de xeito unilateral coa forma na que, dende hai máis dunha década, os xornalistas preguntan o presidente do Goberno cando este comparece xunto a un mandatario estranxeiro.
Arquivo por días: Decembro 13, 2013
Polo caso Blesa de puntillas, o xuíz Elpidio Silva silenciado
12 de decembro. A Audiencia Nacional avalou investigar a Miguel Blesa, expresidente de Cajamadrid, e outros exconselleiros da entidade, entre eles ao expresidente da patronal CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, por “planificar” a emisión de participacións preferentes.
Ex secretario de Sanidade do PP asesora unha empresa a que adxudicou 36 millóns
12 de decembro. José Miguel Benito Notario deixou o seu cargo como secretario xeral de Sanidade de Castela-A Mancha o pasado mes de xaneiro para volver ao bufete de avogados que dirixe e fundou en Madrid. Oito semanas despois do seu cesamento, tal e como apunta a Cadena Ser, Benito Notario foi contratado pola empresa CLECE á que adxudicara contratos durante o seu cargo na administración de María Dolores de Cospedal, por valor de 36,5 millóns de euros.
Segunda condena de Matas, segundo silencio da TVG
12 de decembro. A Audiencia Provincial de Baleares condenou o expresidente do Govern Jaume Matas por un delito de suborno, a unha multa total de 9.000 euros e ao comiso dos 42.111 euros que recibiu como regalo a través da contratación ficticia da súa muller por parte dun coñecido hoteleiro mallorquino.
A Deputación da Coruña sobe os soldos e Feijóo mira para outro lado
12 de decembro. El Pais publica que o PP impuxo, grazas á súa maioría absoluta, fortes subas salariais, a creación dunha decena de xefaturas cubertas na súa maioría con funcionarios procedentes da Xunta, e unha reorganización do equipo que fai cachizas as tan reiteradas promesas de adelgazar a Administración e evitar duplicidades que constituían o cabalo de batalla electoral do PP cando chegou en 2011 ao goberno da Deputación coruñesa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.