23 de decembro. O secretario xudicial e o equipo de axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) que rexistraron a sede central do PP durante 14 horas entre o xoves e o venres pasado requisaron 5.067 folios relacionados coa reforma das oficinas de Xénova, 13, fronte ás 520 fotocopias que a dirección do partido facilitou o pasado 10 de agosto ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, que investiga un suposto delito fiscal polos presuntos pagamentos en negro por esas obras.
Arquivo por días: Decembro 24, 2013
Baixa o número de abortos coa lei que van reformar
23 de decembro. Os abortos baixan por primeira vez desde que entrou en vigor a lei de prazos.
O conservador The Times critica a reforma da lei do aborto
23 de decembro. O diario conservador The Times na súa editorial de hoxe critica a nova norma promovida polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, e afirma que “pode danar a saúde e a vida familiar das mulleres”. “Levar ao Código Penal un dereito sobre a saúde das mulleres e a súa reflexión é un abuso de poder gobernamental”.
Gallardón e os tratos de favor en Caja Madrid
23 de decembro. O actual ministro de Xustiza, Alberto Ruiz- Gallardón, apoiou cando era alcalde de Madrid a continuidade de Miguel Blesa en Caja Madrid e intercedeu en favor de empresarios e executivos para que obtivesen bo trato na entidade financeira.
Cataluña non cortará a luz ou o gas aos pobres
23 de decembro. O Goberno catalán impide que se corte a subministración de electricidade ás familias pobres en inverno que entra en vigor a partir do 1 de xaneiro.
Debe estar conectado para enviar un comentario.