Cospedal di que foi un erro tranferir as competencias en educación

11 de decembro. A presidenta de Castela-A Mancha, María Dolores Cospedal, foi a protagonista dos Escenarios Políticos do diario ABC, nun acto celebrado no Hotel Hilton de Toledo.

Ante máis de 400 convidados, asegurou que foi un erro transferir as competencias en educación as comunidades autónomas.

Seguir lendo

Ex alcalde do PP condenado pide indulto ao Goberno

torrevieja

11 de decembro. O ex alcalde de Torrevieja, Pedro Hernández Mateo, non terá que entrar en prisión.

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana (TSJCV) suspendeu a pena de 3 anos de cárcere ata que o Goberno resolva a súa petición de indulto.

Seguir lendo

Sen reaccións á petición de indulto de Jaume Matas

jauma

Os telexornais do 11 de decembro non recolleron as reaccións políticas suscitadas pola petición de indulto do ex presidente balear e ex ministro do PP,  Jaume Matas para non entrar en prisión. O político acumula dúas condenas polo caso Palma Arena e ten pendentes numerosos procesos xudiciais.

Seguir lendo

Edgewater pagou unha viaxe a Finlandia para facer unha reportaxe sobre a minería

sanchez izquierdo

29 de novembro. O director da CRTVG comparece na Comisión de Control do Parlamento. Na orde do día, os datos de producción e as horas de producción propia, pero tamén outras preguntas que se referían directamente a manipulación informativa feitas polos grupos da oposición.

Seguir lendo