O martes 17 de decembro, o xornal “El mundo” publica que o ex-presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, pagou 2’15 millóns de euros ao contado por unha mansión nunha exclusiva urbanización de Madrid.
Blesa -estreitamente vencellado ao PP e considerado íntimo amigo do ex-presidente do goberno José María Aznar- estivo recentemente no cárcere e actualmente ten dúas causas xudiciais abertas pola súa xestión fraudulenta.
Gañaba cada ano uns tres millóns de euros e cobrou unha indemnización de 2,7 millóns cando foi substituido en Cajamadrid por Rodrigo Rato.
http://www.elmundo.es/economia/2013/12/17/52af8c7b22601db0288b458f.htmlhttp://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/853518/blesa-se-compro-al-contado-una-mansion-de-21-millones-al-dejar-caja-madrid
Ningún informativo da TVG ofreceu nada sobre a noticia.