Nin falar das críticas da oposición á xestión sanitaria da Xunta

O Parlamento de Galicia vivíu o mércores 18 unha das sesións máis duras e conflictivas nos últimos tempos, co debate sobre a situación da sanidade galega, con fortes críticas da oposición á xestión da Xunta.

Houbo momentos moi tensos como cando a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, asegurou que o modelo da Xunta e do PP de Galicia “mata xente”, pero sobre todo ao referirse á “corrupción” do PP ao fío do hospital de Vigo, cando declarou que a filla da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, traballaba para a consultora que recomendou a adxudicación da obra á empresa na que traballou o actual Conselleiro de Medio ambiente, Agustín Hernández:

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/12/19/feijoo-ve-sanidad-educacion-mejor/935332.html

Mesmo houbo algunha alusión curiosa, como a do presidente da Xunta, cando dixo que a sanidade galega é tan pública coma a catedral de Santiago:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/19/feijoo-ve-sanidad-publica-span-langgl-catedral-santiagospan/0003_201312G19P10995.htm

Ningún informativo da TVG falou sobre a tensa sesión parlamentaria nin das críticas verquidas contra a xestión da Xunta.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s