O Goberno nomeará os peritos de Facenda que investiguen aos corruptos

 

AET

28 de novembro. El Mundo publica que o director da Axencia Tributaria, Santiago Menéndez, un cargo político nomeado polo Goberno, será quen realice a designación última dos peritos xudiciais nos casos en que os xuíces soliciten estes labores en causas por delitos fiscais, branqueo de capitais ou outros. Poderá substituír ou relevar peritos traballando en casos abertos.

Seguir lendo

Pouco Fabra para non empachar

fabra

26 de novembro. Coñecíamos a reacción de Carlos Fabra á súa condena de catro anos de cárcere. O expresidente da Deputación de Castellón , en rolda de prensa, dicía que non tiña medo a ir á cadea, que facía anos que se afeitaba.

Seguir lendo

Agustín Baamonde, deputado do PP: “Ayatola no me toques la pirola”

baamonde

26 de novembro. “Ayatollah, non me toques a pirola”, como versa unha canción de Siniestro Total, é a expresión que utilizou o deputado do PP Agustín Baamonde (ex alcalde de Vilalba), para defenderse das acusacións de “manipulación” informativa vertidas polo parlamentario de AGE Juan Fajardo –en liña co resto da oposición– ao fío dunha proposición non de lei impulsada polo BNG para dotar os traballadores da CRTVG dun estatuto profesional.

Seguir lendo

Fusión de concellos, soldo multiplicado por tres

cacheiro

26 de novembro. O soldo de Pablo González Cacheiro, do Partido Popular e presidente da xunta xestora que goberna o novo concello resultante da fusión de Oza e Cesuras de 5.500 habitantes, segundo recollen os presupostos do 2014, será de 2.800 euros netos ao mes. A oposición di que o aumento é dun 257%.

Seguir lendo