Eunonmanipulo quere rectificar un dos artigos publicados esta tarde. A Televisión de Galicia si deu a información da bióloga que quedou sen bolsa por presentar un certificado de estudos en galego. Emitiuse esta fin de semana.
Arquivo por días: Decembro 3, 2013
A TVG e as dúbidas da alcaldesa Botella
Luns, 2 de decembro. A alcaldesa de Madrid, Ana Botella, asegurou que existen dúbidas sobre o proxecto político do PP e un risco de “fragmentación significativa da base electoral” dos populares. A política madrileña instou ao presidente Rajoy a “disipar” as dúbidas sobre o seu proxecto político. Seguir lendo
A “mobilidade exterior” dos universitarios galegos
Dous xornais galegos destacan nas súas edicións do 3 de decembro de 2013 a noticia de que a metade dos rapaces que acabaron recentemente os seus estudos universitarios marchan de Galicia na busca dun futuro profesional: Seguir lendo
Asuntos irrelevantes para a TVG
O comisario europeo de dereitos humanos criticou duramente a nova lei de Seguridade Cidadá proposta polo Goberno español. Cree que é unha lei “desproporcionada” que atenta contra o dereito de reunión e de manifestación.
O top-ten de eunonmanipulo tras máis de 85.000 visitas
Oito meses de vida, 513 artigos e 85.650 visitas a un blog que naceu con ánimo de denunciar a falta de compromiso coa veracidade, coa imparcialidade e coa pluralidade dos informativos da Televisión de Galicia.
Os que destacamos a continuación son os 10 artigos máis lidos da nosa bitácora: eunonmanipulo@wordpress.com
Debe estar conectado para enviar un comentario.