Son os abortos ‘santos inocentes’ para a TVG?

aborto gallardon

A redacción de Informativos de Televisión de Galicia non sae do seu asombro ó ler a noticia sobre as manifestacións a favor e en contra da reforma da lei do aborto  que o sábado, 28 de decembro,  emitiu a canle autonómica. Traballadores da propia tele galega, e supoñemos que moitos espectadores, quedaron atónitos cando escoitaron no Telexornal Mediodía relacionar as manifestacións co día dos Santos Inocentes. Seguir lendo

A descarada parcialidade da TVG

Xulgados Betanzos

Nin unha soa mención no telexornal do mediodíado 30 de decembro  á decisión da Fiscalía de acusar á deputada do PP María Faraldo de prevaricación e falsidade documental durante a súa etapa como alcaldesa de Betanzos..

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/28/galicia/1388251421_820241.html

A nova, publicada polo xornal El País ocultouse de xeito descarado no informativo, no que non se deixou pasar por alto outra publicada polo xornal El Mundo. Nesta acúsase a UXT-Andalucía de pagar a festa do 1 de Maio con axudas destinadas a parados.

http://www.elmundo.es/andalucia/2013/12/30/52c0b45522601d2a698b4586.html

http://www.crtvg.es/informativos/uxt-a-pagou-gastos-da-festa-do-1-de-maio-con-cargo-a-axudas-para-parados-724205

Outra mostra máis da pouca seriedade e da falta absoluta de rigor informativo.

Apoio popular, 30 segundos na TVG

hula

 

27 de decembro. A Federación Veciñal Lucense e a asociación Abre la Muralla entregaron no Parlamento de Galicia máis de 44.000 firmas recollidas para reclamar que o Hospital Universitario de Lugo (HULA) conte cunha unidade de hemodinámica as 24 horas, así como de radioterapia e medicina nuclear.

Seguir lendo

Os tratos de favor de Blesa non se dan

blesa-diaz-ferran

27 de decembro. Público informa de que o director de Negocio de Caja Madrid Matías Amat informou por correo electrónico o 22 de outubro de 2008 ao entón presidente da entidade, Miguel Blesa, que Gerardo Díaz Ferrán incumprira o contrato dos préstamos recibidos en 2004 e 2005 para Seguros Mercurio.

Seguir lendo