O luns 16 de decembro divúlgase que a renda de Galicia, segundo datos da Unión europea, retrocede ao nivel no que estaba seis anos atrás. É dicir, o poder adquisitivo dos galegos e galegas reducíuse notablemente e sitúase como en 2007.
Arquivo por días: Decembro 17, 2013
Os soldos da Xunta por non traballar
Luns 16 de decembro. Faise pública unha situación laboral insólita e sorprendente. A Xunta págalle os soldos a vinte traballadores que permanecen nas súas casas e non teñen que acudir a traballar.
Trátase de profesionais pertencentes á Axencia galega de desenvolvemento rural (AGADER), que foron despedidos hai un ano.