TVG di que o naval non da importancia ao aprazamento de PEMEX

 

LA PLANTILLA DE NAVANTIA SE MOVILIZA MAÑANA PARA EXIGIR CARGA DE TRABAJO Luns, 30 de decembro. A petroleira mexicana PEMEX apraza unha vez máis a adxudicación dos dous floteis que os asteleiros galegos agardan como unha transitoria táboa de salvación. Seguir lendo

Que a verdade non che estrague un titular

JOVENES   

Ningún dos telexornais da Televisión de Galicia do martes 30 de decembro informou da enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre as condicións de vida das familias galegas. O informe reflicte, entre outros datos, que a crise e a situación económica obrigan ó 60% dos mozos galegos a continuar vivindo na casa dos pais ou que o risco de probreza cernese xa sobre 16 de cada 100 fogares galegos. Seguir lendo

A Galega volve omitir as críticas a Feijóo

Luns, 30 de decembro. Conferencia de prensa do voceiro nacional do BNG Francisco Jorquera para facer balance do ano parlamentario. Distintos medios de comunicación galegos, axencias ou xornais, ademais de dar conta deste balance, destacan as declaracións de Jorquera nas que fai duras críticas contra a política de Núñez Feijóo.