O martes 17 de decembro, o Telexornal mediodía fai toda unha demostración de manipulación informativa segundo que asuntos e noticias se aborden. Analizamos o tratamento que se fixo de varios temas, valorando a trascendencia dos mesmos e o tempo que se lles outorgou.
Arquivo por días: Decembro 18, 2013
Non se di que Blesa pagou unha mansión de 2’15 millóns ao contado
O martes 17 de decembro, o xornal “El mundo” publica que o ex-presidente de Cajamadrid, Miguel Blesa, pagou 2’15 millóns de euros ao contado por unha mansión nunha exclusiva urbanización de Madrid.
Blesa -estreitamente vencellado ao PP e considerado íntimo amigo do ex-presidente do goberno José María Aznar- estivo recentemente no cárcere e actualmente ten dúas causas xudiciais abertas pola súa xestión fraudulenta.
Seguen “tapando” as protestas das vítimas de Angrois
Este martes 17 de decembro, unha concentración en Madrid da plataforma das vítimas do accidente de tren de Angrois solicita a creación dunha comisión de investigación parlamentaria, tanto no Congreso dos deputados coma no Parlamento de Galicia.
Que pasa coa baixada dos soldos ??
Martes, 17 de decembro. O Instituto nacional de estatística publica que os salarios levan xa doce meses baixando en España, algo que sucede por primeira vez en case vinte anos.
Un dato negativo que contradí ao Ministro Montoro.