Sen políticos da oposición galega nos telexornais do sábado

Sábado, 7 de decembro: Agustín Hernández protagoniza os telexornais do sábado na súa condición de vicesecretario xeral do Partido Popular.

O tamén conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas saiu por duplicado nos dous informativos do día para falar da suba do canon de SOGAMA e da reducción de deputados no Parlamento de Galicia. En ningunha das dúas noticias intervén a oposición.
No primeiro video, Hernández, gravado en exclusiva para os informativos da TVG e da Radio Galega, acusa ao PSdeG e ao BNG de causarlles un prexuizo aos cidadáns por rexeitar a suba do canon a partir de xullo.
A continuación, Hernández arremete contra o PSdeG a conta do debate sobre a reducción do número de deputados no Parlamento.
Ningún político da oposición en Galicia interveu nos telexornais do sábado para falar deste ou doutros asuntos de actualidade.

Deixar un comentario