Agustín Baamonde, deputado do PP: “Ayatola no me toques la pirola”

baamonde

26 de novembro. “Ayatollah, non me toques a pirola”, como versa unha canción de Siniestro Total, é a expresión que utilizou o deputado do PP Agustín Baamonde (ex alcalde de Vilalba), para defenderse das acusacións de “manipulación” informativa vertidas polo parlamentario de AGE Juan Fajardo –en liña co resto da oposición– ao fío dunha proposición non de lei impulsada polo BNG para dotar os traballadores da CRTVG dun estatuto profesional.

Seguir lendo

Fusión de concellos, soldo multiplicado por tres

cacheiro

26 de novembro. O soldo de Pablo González Cacheiro, do Partido Popular e presidente da xunta xestora que goberna o novo concello resultante da fusión de Oza e Cesuras de 5.500 habitantes, segundo recollen os presupostos do 2014, será de 2.800 euros netos ao mes. A oposición di que o aumento é dun 257%.

Seguir lendo

Seguemento do financiamento de UXT

26 de novembro. Seguemento das irregularidades no sindicato UXT. O xornal ABC publica que se xustificou unha factura de máis de 3 mil euros en globos en Madrid. E en Andalucía unha información do xornal El Mundo, que asegura que UXT cobrou á Junta andaluza 700 maletíns que repartiu no seu IX Congreso rexional, e que ademais estaban falsificados en Asia a partir do modelo dunha marca española. Cándido Méndez fai referencia a estas informacións. E tamén se poñen as declaracións ao respecto dos principais partidos do Estado.

Seguir lendo

As vítimas do franquismo denuncian a Rafael Hernando

hernando

26 de novembro. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presentou no xulgado decano de Madrid unha denuncia contra o deputado do PP Rafael Hernando por un suposto delito de aldraxes graves por unhas declaracións que fixo sobre as vítimas do franquismo en televisión, que el nega ter realizado.

Afortunadamente agora hai medios para facer memoria.

Seguir lendo