Quen fala da Conferencia do PSOE ??… os do PP

 

O luns 11 de novembro, continúan a repercusión e as reaccións á trascendental conferencia política celebrada polo PSOE durante a fin de semana.

A TVG fai referencia á mesma no Telexornal mediodía, xa bastante avanzado o informativo. Primeiro emitindo un video resumo do acontecido:

http://www.crtvg.es/informativos/xornada-de-analise-da-conferencia-politica-do-psoe-697269

Pero logo ven o partidismo ao recoller declaracións. Só se ofrece a opinión da voceira parlamentaria do PSOE, Soraya Rodríguez:

http://www.crtvg.es/informativos/o-psoe-cre-que-o-partido-saiu-fortelecido-da-conferencia-politica-697268

Fala outro membro máis do PSOE… José Bono… pero para dicir que prefire pactos co PP que con Esquerda unida:

http://www.crtvg.es/informativos/bono-prefire-que-o-psoe-se-entenda-co-pp-antes-que-con-eu-697267

… Despois chega a declaración da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal:

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-cre-que-o-psoe-vira-cara-a-unha-radicalidade-que-non-e-boa-para-espana-697266

E o máis sorprendente e incongruente: fala… Pedro Puy !!! sobre isa Conferencia do PSOE. E fala 44 segundos!!

http://www.crtvg.es/informativos/pedro-puy-pidelle-ao-psoe-que-se-defina-en-temas-claves-para-o-pais-697265

Outro exemplo máis de equilibrio informativo e neutralidade dos responsables de informativos da TVG, neste caso no Telexornal mediodía.

Segue o trato ruín a Gómez Besteiro

 

Luns, 11 de novembro. Os líderes do PSdeG e de Esquerda Unida, Xosé Ramón Gómez Besteiro e Iolanda Díaz, reuníronse no marco dos contactos que o socialista está a realizar desde a súa elección con representantes doutras formacións.

A TVG enviou un equipo ó encontro entre Besteiro e Díaz, básicamente para preguntarlle ó socialista polo expediente a Carlos Príncipe e pola razón de por qué o PSOE non aprobou unhas primarias “á galega”. (Curioso que a TVG sempre teña preguntas incómodas para os políticos da oposición (normalmente cociñadas nos despachos) e nunca para os membros do partido no Goberno (a quen os nosos xornalistas non se atreven a formular preguntas que lles podan amolar)).

A cobertura da xuntanza entre Besteiro e Díaz no Telexornal Mediodía foi cativeira. Apenas 20 segundos!

http://www.crtvg.es/informativos/xuntanza-de-xose-ramon-besteiro-e-iolanda-diaz-697270

No Telexornal Serán directamente pasaron do encontro.

Aínda que na fin de semana o tratamento informativo da conferencia política do PSOE, e a participación da delegación galega, estivo á altura da trascendencia do acto, apenas un día despois os informativos da TVG volveron minimizar o discurso do líder socialista. Este luns, Besteiro volveu falar da conferencia socialista (“marcará un antes e un despois”), pero no Telexornal Mediodía só se lle ve falando do caso do deputado de AGE, Fernández Calviño!!!

Mes e medio despois da súa elección como secretario xeral do PSdeG, a presenza de Gómez Besteiro nos Telexornais é testemuñal. O responsable sería entrevistalo nos seguintes días ao seu triunfo, como fixeron case todos os medios menos a TVG.

O dito, Besteiro é o xefe do principal líder da oposición, pero na TVG case parece membro dunha formación extraparlamentaria.