26 de novembro. Seguemento das irregularidades no sindicato UXT. O xornal ABC publica que se xustificou unha factura de máis de 3 mil euros en globos en Madrid. E en Andalucía unha información do xornal El Mundo, que asegura que UXT cobrou á Junta andaluza 700 maletíns que repartiu no seu IX Congreso rexional, e que ademais estaban falsificados en Asia a partir do modelo dunha marca española. Cándido Méndez fai referencia a estas informacións. E tamén se poñen as declaracións ao respecto dos principais partidos do Estado.
http://www.crtvg.es/informativos/mendez-insta-a-uxt-andalucia-a-asumir-responsabilidades-705644
http://www.crtvg.es/informativos/pp-e-psoe-piden-que-se-aclaren-as-presuntas-irregularidades-705643
Son unhas declaracións nas que o líder de UXT tamén di que “hai unha intencionalidade de intentar tapar o caso Bárcenas cun suposto caso UXT. Iso é meridianamente claro e non estou disposto a consentir esa situación”.
Algo que non se menciona na información facilitada na Galega.
http://www.elmundo.es/espana/2013/11/26/52945ad20ab7407a5a8b456d.html
Segue chamando a atención, non o tratamento que se lle dá a esta nova que está ben, incluso se podería decir que podería ser máis amplo, pero sí comparandoo con outro tema de actualidade como é a condena por un tribunal da xustiza de Carlos Fabra, ex presidente da Deputación de Castellón e un dos baróns populares da Comunidade Valenciana. No mesmo día e no mesmo Telexornal Mediodía.
Resulta curioso como se reduce o tempo cando se tratan problemas do Partido Popular e como se desglosan as noticias dando tódolos puntos de vista cando se trata doutras formacións, xa sexan políticas ou sindicais.
Non é casualidade.