26 de novembro. “Ayatollah, non me toques a pirola”, como versa unha canción de Siniestro Total, é a expresión que utilizou o deputado do PP Agustín Baamonde (ex alcalde de Vilalba), para defenderse das acusacións de “manipulación” informativa vertidas polo parlamentario de AGE Juan Fajardo –en liña co resto da oposición– ao fío dunha proposición non de lei impulsada polo BNG para dotar os traballadores da CRTVG dun estatuto profesional.
http://www.20minutos.es/noticia/1989146/0/
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/26/galicia/1385494866_645029.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/11/27/baamonde-responde-age-debate-crtvg/921714.html
A intervención explícase por sí mesma… sobran os calilficativos.
Isto acontecía mentres se debatía a proposición non de lei presentada polo BNG, avalada coa firma de 345 trabadores (máis do 60% do equipo de informativos) da televisión e a radio autonómicas (algo do que xa demos conta neste blog https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/04/mais-do-60-dos-xornalistas-da-tvg-denuncian-manipulacion-informativa/), que nun escrito denunciamos a manipulación dos medios públicos e pedimos a creación dun estatuto profesional e dun consello de redacción que poña fin aos excesos da TVG e a Radio Galega.
Defendeuna no Parlamento a deputada nacionalista, Montse Prado, quen recordou que a aplicación da lei de medios públicos aprobada en decembro de 2011 leva máis dun ano de atraso e instou o Goberno a despolitizar os medios públicos.
Montse Prado reclamou a creación, no prazo de tres meses, do Estatuto profesional dos medios públicos de comunicación e un consello de informativos para garantir o dereito da cidadanía a ter unha «información obxectiva, veraz e imparcial».
Por suposto de todo o debate sobre a manipulación e a proposta de crear o consello de redacción e o estatuto profesional na canle pública, NADA DE NADA.