Seguemento do financiamento de UXT

26 de novembro. Seguemento das irregularidades no sindicato UXT. O xornal ABC publica que se xustificou unha factura de máis de 3 mil euros en globos en Madrid. E en Andalucía unha información do xornal El Mundo, que asegura que UXT cobrou á Junta andaluza 700 maletíns que repartiu no seu IX Congreso rexional, e que ademais estaban falsificados en Asia a partir do modelo dunha marca española. Cándido Méndez fai referencia a estas informacións. E tamén se poñen as declaracións ao respecto dos principais partidos do Estado.

Seguir lendo