26 de novembro. O Papa Francisco denuncia a “tiranía” do sistema económico e recoñece que a Igrexa fixo “pouco” por acompañar as mulleres ante o aborto, malia que asegura que non vai cambiar de postura porque seguen considerando o aborto acabar cunha vida.
Arquivo por etiquetas: Papa
Silencio sobre a destitución dun bispo pederasta
O venres 27 de setembro coñécese unha noticia de enorme relevancia dentro da igrexa católica: o Papa Francisco destitúe a un bispo peruano -seica pertencente ao Opus Dei- acusado de pederastia.
A sanción aplicada a Gabino Miranda, bispo auxiliar de Ayacucho, é a máis rigorosa das penas para un crego: a perda total desa condición
A información ten unha rápida e extensa repercusión nos medios de comunicación de todo o mundo, polo feito en si e porque o Papa Francisco volve dar un exemplo de rectitude dentro da propia igrexa, tal e como fixo hai uns días cando declarou que él nunca foi de dereitas.
http://www.clarin.com/mundo/Francisco-destitucion-peruano-acusaciones-pedofilia_0_1000700269.html
A pesar da importancia da noticia, os responsables de informativos da TVG volven de novo ás andadas: NON DAN NIN UN SEGUNDO SOBRE O ASUNTO.
Nin o Papa se libra da censura
19 de setembro 2013. O Papa concede unha entrevista a unha revista jesuita na que asegura que él “nunca foi de dereitas”. A súa «forma autoritaria de tomar decisións” levoulle no pasado «a ser acusado de ultraconservador”.
As anovadoras reflexións do Papa, desapercibidas
Na última fin de semana de xullo, durante a visita do Papa Francisco a Río de Janeiro, no Brasil, o Pontífice fai algunhas das declaracións e reflexións máis ABERTAS, PROGRESISTAS e, en certo xeito, REVOLUCIONARIAS na historia recente da igrexa católica.
Eloxio dos primeiros 100 días de Francisco
O mércores 19, o Telexornal serán (o que está especializado en asuntos do Papa), deu conta dos cen primeiros días de pontificado de Francisco, cun video que abrangue desde o día da súa proclamación ata hoxe:
http://www.crtvg.es/informativos/francisco-fai-100-dias-como-un-papa-humilde-e-de-gran-popularidade-611097
As Harley e a cazadora de coiro do papa
O venres 14 de xuño, o Telexornal serán (de novo o Tx serán con estes asuntos… porqué será … ???) emite unha información RELEVANTE E DECISIVA sobre o papa Francisco: REGÁLANLLE DÚAS MOTOS HARLEY DAVIDSON E UNHA CAZADORA DE COIRO… polos 110 anos da mítica compañía moteira: Seguir lendo
Francisco saca do armario parte da curia

Un franciscano galego no Vaticano… coma se fose Xefe de Estado
Desde o venres 17 de maio, os espazos informativos da TVG danlle unha ESPECIAL RELEVANCIA A UN FEITO RELIXIOSO: a consagración dun franciscano galego, Xosé Rodríguez Carballo, como Arzebispo de Belcastro (Italia), unha poboación ao sur de Italia duns 1.400 habitantes, e como “viceministro” no Vaticano.
Os actos desenvólvense na Catedral de Santiago, o sábado, e a TVG ofrece UNHA AMPLÍSIMA COBERTURA con reportaxes e entrevistas, xa desde o venres no Telexornal serán:
O Telexornal mediodía do sábado ofrece dous videos sobre o asunto (o segundo de máis de tres minutos… algo excepcional nos Informativos):
http://www.crtvg.es/informativos/asi-e-a-historia-de-rodriguez-carballo-588704
E xa o Telexornal do sábado pola tarde, ademáis de abrir os titulares cos actos relixiosos, comenta con gran detalle e extensión a noticia:
http://www.crtvg.es/informativos/frei-rodriguez-carballo-novo-arcebispo-de-belcastro-588777
Pero por se fose pouco, o domingo 19, mesmo a Revista fin de semana (un espazo que a penas da novas de actualidade) da a noticia case ao principio do programa:
Non queda ahí a cousa; o Telexornal mediodía do domingo 19 da outras dúas informacións: que oficiou a súa primeira Misa tras ser nomeado, e que os veciños de Sarreaus (Ourense) lle están preparando unha homenaxe:
Pensaban que xa rematou todo ??… Non. O Telexornal serán do mesmo domingo 19 volve dar un gran tratamento informativo, con dúas pezas consecutivas:
http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-carballo-confia-en-traelo-papa-a-galicia-589005
Un despregue de información DESPROPORCIONADA E TENDENCIOSA NO ÁMBITO RELIXIOSO, nunha canle pública que debería ser escrupulosa e equilibrada neste tipo de cuestións.
Atención: O Papa libera dúas pombas
O Telexornal serán do mércores 15 de maio ofrece UNHA NOVA DE ENORME IMPORTANCIA E TRASCENDENCIA para a humanidade: O PAPA LIBERA DÚAS POMBAS durante a audiencia que mantén cos fieis no Vaticano…
Non menos importante que as imaxes é o texto que le a presentadora do informativo.
Entre outras cousas, di que o Papa “BICOU A NENOS E ENFERMOS (non se ve ningún caso), E ANIMOU A NON SER RELATIVISTAS E BUSCA-LA VERDADE CON MAIÚSCULAS” (sic).
Como diría o outro: ver para crer !!!.
O Papa pídelles as monxas que sexan “nais”
Por se aínda non a viron nin escoitaron… NON A PERDAN !!!.
O Telexornal serán do 8 de maio emite unha noticia sobre o Papa Francisco, que se reuníu no Vaticano con 800 monxas…
O texto literal da presentación da nova no plató é o seguinte: “O PAPA PÍDELLES ÁS MONXAS QUE SEXAN NAIS E NON SOLTEIRONAS” (sic)…
De seguido, engádese que “FRANCISCO DEFENDEU A CASTIDADE DAS RELIXIOSAS, PERO SEMPRE QUE XERE FILLOS ESPIRITUAIS DA IGREXA” (SIC)…
Unha nova relixiosa “delirante”, tratada dun xeito igualmente “delirante”, e confuso (tanto no texto lido coma no texto que aparece nos rótulos sobreimpresionados) nun servizo público como a TVG.
Debe estar conectado para enviar un comentario.