As citacións do xuiz aos “cargos do Partido”

         

O martes 30 de xullo, o xuiz da Audiencia nacional Pablo Ruz anuncia a citación como testemuñas da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, e os seus antecesores, Francisco Álvarez-Cascos e Javier Arenas, pola responsabilidade que teñen ou tiveron no PP para que declaren sobre a suposta contabilidade B (en diñeiro negro) do Partido.

           Así é destacada a noticia por varios medios informativos españois:
          Mentres, o Telexornal mediodía da TVG soamente lle adica á noticia uns segundos, e (algo xa habitual) sen referirse en ningún momento ao “PARTIDO POPULAR”:
          Este é o texto que acompaña as imaxes:
          O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz chama a declarar a Cospedal, a Arenas e a Álvarez Cascos polo caso Bárcenas.  Están citados como testemuñas, polo seus cargos na Secretaría Xeral do Partido durante o período investigado, para os días 13 e 14 de agosto para aclarar o procedemento de doazóns anónimas ao partido.  Ruz busca con esta citación definir cos seus testemuños cal foi a súa responsabilidade dentro da formación.  Ademais, o maxistrado embargou bens de Bárcenas porque non aboou a fianza de 43 millóns de euros.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s