As anovadoras reflexións do Papa, desapercibidas

       Na última fin de semana de xullo, durante a visita do Papa Francisco a Río de Janeiro, no Brasil, o Pontífice fai algunhas das declaracións e reflexións máis ABERTAS, PROGRESISTAS e, en certo xeito, REVOLUCIONARIAS na historia recente da igrexa católica.


O sábado 27 arremete duramente CONTRA A CORRUPCIÓN POLÍTICA e contra A INCOHERENCIA DOS SACERDOTES, ademáis de DEFENDER O LAICISMO DOS ESTADOS, por respetar e axudar á convivencia relixiosa na sociedade.
Así se ocupan da noticia algúns medios:
http://m.europapress.es/sociedad/noticia-papa-arremete-contra-corrupcion-politicos-incoherencia-sacerdotes-20130727090553.html
http://www.abc.es/sociedad/20130727/abci-papa-dirigentes-politicos-201307271715.html
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/27/actualidad/1374948221_344203.html
No TX mediodía a TVG NON OFRECE NADA SOBRE O ASUNTO, e logo no TX serán dase unha información que a penas toca as relevantes cuestións de fondo analizadas por Francisco:

       O domingo 28, o Papa volve facer declaracións néditas e sorprendentes, como o seu APOIO AOS MOZOS INDIGNADOS DO MUNDO, O ÁNIMO PARA QUE A IGREXA SAIA ÁS RÚAS A “MONTAR LÍO”, e mesmo A ESIXENCIA DE QUE OS BISPOS E CURAS SIRVAN A CRISTO NAS FAVELAS BRASILEIRAS. Tamén deixa caer que AS MULLERES DEBEN TER MÁIS PROTAGONISMO NA IGREXA.
        Pero os Telexornais dese día ofrecen versións “ligth” e totalmente alleas a esas NOVIDOSAS E RECHAMANTES declaracións do Papa:
        O Papa ofreceu no Brasil actitude de renovación e certo progresismo na igrexa, mentres a TVG parecía empeñada en negalo. Como diciamos antes, algunhas das reflexións máis importantes dun Papa na historia da igrexa católica, pasan case desapercibidas nos Telexornais desa fin de semana.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s