O silenciados asubíos a Wert

Non hai día que o ministro Wert, o peor valorado polos españois segundo o CIS, teña un acto público tranquilo. Desta volta foi en Santander onde o recibiron con apupos, asubíos e insultos.

Seguir lendo

O tratamento especial da TVG ao concello de Santiago.

 
varelaOs telexornais da TVG pasaron de novo por alto o escándalo que se organizou en Santiago ao saberse que o concello ía pagar a defensa do concelleiro de Deportes implicado na operación Pokémon.

Seguir lendo

Nada sobre os negocios escuros da deputada do PP Carmen Rodriguez

 

Os informativos da TVG non deron nada o 1 de xullo da nova que publica o xornal El Mundo sobre o construtor andaluz José Luis Sánchez Domínguez, imputado no caso Bárcenas por ter financiado irregularmente o PP, e a deputada do Partido Popular Carmen Rodríguez. 
Segundo o xornal, Sánchez Domínguez traspasoulle tres naves industriais en Málaga a Carmen Rodríguez Flores, deputada no Congreso e protexida de Álvaro Lapuerta, extesoureiro do PP.
Carmen Rodríguez, segundo El Mundo, leva máis de 20 anos dedicada exclusivamente a actividade pública, figura na Seguridad Social como ‘pensionista’ e ten un patrimonio de 3,3 millons de euros.
Http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/30/espana/1372614665.html
Outros xornais e axencias publican tamén esta noticia.
Http://politica.elpais.com/politica/2013/07/01/actualidad/1372704677_369546.html

http://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/778656/el-abogado-de-carmen-rodriguez-amiga-de-la-puerta-pide-a-aguirre-que-aclare-el-espionaje-y-operaciones-inmobiliarias
TVG non a considera de interese.