Tres meses despois da saída deste blog, non hai día que non nos sorprendamos con descarados exemplos de manipulación informativa (por aí empezan a chamala corrupción informativa) dos telexornais da televisión pública de Galicia. Imos con dous exemplos dos últimos 4 días.
Domingo, 7 de xullo: El Mundo publica un artigo do seu director no que transcribe as confesións que lle realizou Luis Bárcenas durante un encontro de 4 horas antes do seu ingreso en prisión. Bárcenas fala, entre outras cousas, de financiamento ilegal do PP durante, polo menos, os últimos 20 anos. Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.