O venres 26, cando xa os Telexornais da TVG ofrecen outras noticias ademáis das referidas á catástrofe do tren, PUBLÍCANSE DETALLES ESPECIALMENTE CLARIFICADORES E ESCANDALOSOS DO “CASO BÁRCENAS”, TRALO INTERROGATORIO QUE LLE FOI REALIZADO AO EX-TESOUREIRO DO PP O PASADO 15 DE XULLO NA AUDIENCIA NACIONAL, cando xa levaba unhas semanas en prisión.
Arquivo por días: Xullo 29, 2013
Oito segundos para o dato do paro en Galicia
Xoves, 25 de xullo: Galicia é unha das tres comunidades autónomas españolas nas que creceu o desemprego no último trimestre segundo os datos da EPA.
AS IMAXES QUE NUNCA DEBERON EMITIRSE, ORDE DA DIRECCIÓN DE INFORMATIVOS
CONDOLENCIAS E RESPECTO DESDE “EUNONMANIPULO”

Antes de nada, desde “eunonmanipulo” queremos mostrar a solidariedade e apoio a todas as vítimas do accidente ferroviario do pasado día 24 e aos familiares e persoas relacionadas dalgún xeito con elas.
Por respecto a todos eles e a dramática situación vivida en Galicia desde ese nefasto mércores 24, este blog sumouse ás condolencias e permaneceu inactivo varias xornadas.
Desde hoxe, unha vez que rematen os actos oficiais de Estado en memoria das vítimas, este blog recupera a súa actividade para denunciar a corrupción e manipulación informativa na CRTVG, para CONSEGUIR QUE SEXA UN AUTÉNTICO SERVIZO PÚBLICO DE CALIDADE, HONESTO E DIGNO, DO QUE SE SINTAN ORGULLOSOS/AS TODOS/AS OS/AS GALEGOS/AS.