O top-ten de eunonmanipulo

cropped-cropped.jpg

 

Hoxe chegamos ao noso terceiro mes de vida a piques de facer 40.000 visitas ao noso blog. Grazas a tod@s polo seguimento que estades a facer desta bitácora. Como hai un mes, imos lembrar os 10 artigos que máis curiosidade despertaron en todos vós ata este momento. Son éstes: Seguir lendo

A reforma do aborto amodiño

gallardon saenz.jpeg

 

2 de xullo.A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anunciaba de xeito informal aos xornalistas que a polémica reforma da lei do aborto promovida por Gallardón aprázase sine die, punto que máis tarde matizó a través dun portavoz para dicir que non se aparcaba, senón que “se tramitará ao mesmo ritmo que outras leis». Seguir lendo

Cardeal esconde fondos para protexelos de demandas

dolan.JPG

 

2 de xullo. O cardeal de Nova York, Timothy Dolan, transferiu en 2007 57 millóns de dólares a un fondo fiduciario da Igrexa Católica de Estados Unidos para protexelos da avalancha de demandas por abusos sexuais, segundo documentos revelados pola archidiócesis de Milwaukee. Dolan, cardeal da citada cidade entre 2002 e 2009, solicita nunha carta enviada ao Vaticano que «prevé unha maior protección destes fondos fronte a calquera reclamación legal ou débeda», petición que foi aprobada cinco semanas despois.
Seguir lendo