2 de xullo. O cardeal de Nova York, Timothy Dolan, transferiu en 2007 57 millóns de dólares a un fondo fiduciario da Igrexa Católica de Estados Unidos para protexelos da avalancha de demandas por abusos sexuais, segundo documentos revelados pola archidiócesis de Milwaukee. Dolan, cardeal da citada cidade entre 2002 e 2009, solicita nunha carta enviada ao Vaticano que «prevé unha maior protección destes fondos fronte a calquera reclamación legal ou débeda», petición que foi aprobada cinco semanas despois.
Nun comunicado, o actual cardeal de Nova York rexeita estas acusacións que cualifica «de vellas e desacreditadas» e sinala que se realizou de acordo ás leis estatais. A archidiócesis de Milwaukee declarouse en bancarrota en 2011, co argumento dos crecentes costos ocasionados polas continuas demandas de abusos sexuais cometidos por párrocos da mesma.
Varios medios fanse eco desta nova.
http://www.abc.es/sociedad/20130702/abci-cardenal-eeuu-fondos-demandas-201307021242.html
http://www.hoy.es/rc/20130702/mas-actualidad/sociedad/cardenal-dolan-desvio-fondos-201307021247.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/02/actualidad/1372785686_660397.html
http://www.diarioinformacion.com/internacional/2013/07/02/dolan-desvio-fondos-pagar-abusos/1391433.html
A Galega, malia caracterizarse por ser unha das canles que segue de preto a información que xera a curia católica, non deu esta información.