Campaña contra a xuíza que non viu delito no “escrache” a vicepresidenta

xuiza

6 de febreiro. O PP difundíu un vídeo no que relata que a maxistrada Isabel Valldecabres, membro do tribunal que non viu delito no ‘escrache’ ao vicepresidente Soraya Saénz de Santamaría, denunciou no seu día o acoso que sufriu a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, da que foi asesora.

Seguir lendo

Un mecanismo de participación democrática que a Galega prefire non mencionar

SORAYA

4 de febreiro. A Audiencia Provincial de Madrid reiterou que non houbo delito no “escrache” que tivo lugar o 5 de abril de 2013 diante da casa da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, unha acción na que se concentraron preto de 300 persoas. No seu auto conclue que se tratou de “un mecanismo ordinario de participación democrática da sociedade civil”.

Seguir lendo

Vicepresidenta á fuga

soraya

16 de outubro. A voceira socialista, Soraya Rodríguez, esixiulle no Pleno do Congreso unha rectificación e a petición de desculpas aos parados a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. O pasado venrres dixo que había MEDIO MILLÓN DE PARADOS que cobraban prestación e traballaban EN B.

Seguir lendo

A reforma do aborto amodiño

gallardon saenz.jpeg

 

2 de xullo.A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anunciaba de xeito informal aos xornalistas que a polémica reforma da lei do aborto promovida por Gallardón aprázase sine die, punto que máis tarde matizó a través dun portavoz para dicir que non se aparcaba, senón que “se tramitará ao mesmo ritmo que outras leis». Seguir lendo

Arquivada a denuncia contra os escraches a vicepresidenta

 

índice

Venres, 10 de maio: os xulgados arquivan a denuncia presentada pola familia da vicepresidenta do Goberno polo escrache que protagonizou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) fronte a vivenda de Soraya Sáenz de Santamaría. A nova non se recolle nos Telexornais da TVG, malia o seguimento que se fixo da noticia desde os primeiros días.

5 de abril. A PAH leva os escraches á casa de Soraya Sáenz de Santamaría:

http://www.crtvg.es/informativos/a-pah-leva-os-escraches-a-casa-de-soraya-saenz-de-santamaria-562413

10 de abril. Multas aos participantes no escrache á vicepresidenta do Goberno:

http://www.crtvg.es/informativos/multas-aos-participantes-no-escrache-da-vicepresidenta-do-goberno-565758

http://www.crtvg.es/informativos/multas-de-200-a-1-500-euros-a-18-participantes-no-escrache-diante-da-casa-da-vicepresidenta-do-goberno-565648

11 de abril (web): O Goberno propón sancións para os participantes no escrache a Soraya Sáenz de Santamaría.

http://www.crtvg.es/esta-pasando/o-goberno-propon-sancions-para-os-participantes-no-escrache-a-soraya-saenz-de-santamaria-565600