O martes 30 de xullo, o xuiz da Audiencia nacional Pablo Ruz anuncia a citación como testemuñas da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, e os seus antecesores, Francisco Álvarez-Cascos e Javier Arenas, pola responsabilidade que teñen ou tiveron no PP para que declaren sobre a suposta contabilidade B (en diñeiro negro) do Partido.
Arquivo por etiquetas: Xuíz
Sen seguemento do Caso Gürtel
O instrutor do «caso Gürtel», o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz, someteu o 13 de maio a unha proba caligráfica ao imputado Eduardo Eraso Campuzano, considerado o principal branqueador dos fondos da trama de corrupción dirixida polo empresario Francisco Correa.
http://www.abc.es/espana/20130513/abci-caligrafica-gurtel-201305131341.html
Na Galega non se fixo referencia a esta nova.
Rebaixa da fianza no caso Campeón
Luns 13 de maio. O maxistrado do Tribunal Supremo José Ramón Soriano, que instrúe a presunta implicación do exministro socialista José Blanco na trama de concesión fraudulenta de axudas públicas desarticulada na “Operación Campión”, aceptou reducir en 2.000 euros -ata un total de 4.000 – a fianza inicialmente imposta á Asociación Transparencia e Xustiza para ser parte acusadora neste procedemento. Despois do amplo seguemento que se fixo do caso a Galega non ten en conta esta nova.
http://www.abc.es/espana/20130513/abci-fianza-campeon-201305131234.html
http://www.laregion.es/noticia/253876/supremo/reduce/fianza/acusacion/contra/blanco/
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/15/espana/1363349102.html
Imputados por doazóns ilegais ao PP: penoso e lamentable
O martes 30 de abril coñécese que o xuiz Pablo Ruz IMPUTA a 8 empresarios que, presuntamente, doaron cartos ilegalmente ao PP, e tamén a PABLO CRESPO, coñecido como “nº 2 da trama Gürtel”, que tamén figura como doante nos chamados “papeis Bárcenas”, cando en 1999 era secretario de organización do PP en Galicia.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/30/espana/1367336227.html
http://politica.elpais.com/politica/2013/04/30/actualidad/1367335356_489880.html
http://www.abc.es/espana/20130430/abci-dirigentes-empresarios-201304301724.html
É unha noticia moi destacada, tal e como reflicten nas primeiras páxinas os principais xornais españois.
Sen embargo, o Telexornal serán da TVG ofrece a información… NO 17º LUGAR… E 30 SEGUNDOS !!!… e por suposto… SEN DICIR QUE PABLO CRESPO ERA UN ALTO CARGO DO PP de Galicia cando, supostamente, cometeu o delicto.
Outro penoso e lamentable caso de manipulación informativa e ocultación nun dos casos máis “sangrantes” de corrupción na historia da democracia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.