A LOMCE consegue poñer de acordo dez partidos políticos

Mércores, 17 de xullo: a maior parte dos grupos da oposición, agás UPyD, Foro Asturias e UPN, comprométense a derrogar a LOMCE se conseguen a maioría parlamentaria na vindeira lexislatura.

Unha nova que recollen os medios de comunicación.
Todos? Todos non. Unha televisión autonómica dirixida por irreductibles manipuladores resisten todavía o empuxe do sentido común e a dignidade xornalística: a Televisión de Galicia. Os dous principais informativos volveron silenciar esta nova.

Deixar un comentario