“Feijóo, eu non manipulo, e ti?”

cropped-sin-tc3adtulo-color-real-018.jpg

A casualidade fixo que unha compañeira da redacción de informativos da TVG coincidise con Alberto Núñez Feijóo cando disfrutaba da súa fin de semana nunha tranquila vila turísitca pontevedresa.

A mesma casualidade fíxoos coincidir nun restaurante, momento distendido onde os haxa!
Ante o que nós consideramos escandalosa manipulación informativa que existe na TVG, situación refrendada polo 60% dos xornalistas que traballan na televisión pública de Galicia e por máis de 300 traballadores da Radio Galega e a TVG, a compañeira veu o momento idóneo para transmitirlle ó presidente da Xunta esta situación.
Achegouse a el e utilizando o nome do noso blog díxolle: Presidente, eu non manipulo. E ti?.
Tras uns segundos de pausa, Feijóo respondeulle: “Eu tampouco”
A resposta do presidente da Xunta vémola como unha boa noticia porque entendemos que significa que está do noso lado, polo que, a bo entendendor poucas palabras bastan.
Agardamos que  se tomen medidas sobre os responsables da canle pública que, dun xeito que consideramos pouco profesional, están a traizoar os principios que deben rexer todo medio de comunicación, máis se cadra un medio de comunicación público.
Benvido presidente a este lado da trincheira no que está a maior parte dos xornalistas dos medios públicos de Galicia, como no seu día denunciamos neste blog.
Máis información, no seguinte link:
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s