Segue a teima co Valadouro… ou con Besteiro ???

 

O concello lugués do Valadouro ten novo alcalde (Edmundo Maseda, do PS de G-PSOE) desde hai dous días, despois de que unha moción de censura apoiada polo propio PSOE, o BNG e os independentes de Udival, botase fora do goberno ao PP, que se mantiña no poder desde hai 25 anos.

Pero se xa os días anteriores á celebración do pleno no que prosperou a moción, a TVG recolleu reiteradamente intervencións de membros do PP criticando o acordo de PSOE e Udival (se algún deles racha o pacto, deberá pagar 100.000 €), este mércores 5 de xuño o Telexornal mediodía volve ofrecer DECLARACIÓNS DO PP, NESTE CASO DA VOCEIRA DO PARTIDO EN GALICIA, PAULA PRADO, criticando novamente a moción, PERO CENTRÁNDOSE NO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO XOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO (PSOE):

http://www.crtvg.es/informativos/paula-prado-cualifica-de-traizon-a-mocion-de-censura-no-valadouro-601388

Días antes da moción, nos Telexornais da TVG xa se ofreceron opinións do secretario xeral do PP de Lugo, Xosé Manuel Balseiro, e do presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, ámbolos MOI CRÍTICOS CON GÓMEZ BESTEIRO. E non se deu ningunha declaración dos outros partidos.

A que ven agora insistir no do Valadouro e, sobre todo, nos ataques do PP ao presidente da Deputación de Lugo ???

Será coa intención de dinamitar e menosprezar a Gómez Besteiro, un dos candidatos para ser o próximo secretario xeral do PS de G-PSOE – e seica con bastantes posibilidades de ser elexido – ???.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s