Segue a teima co Valadouro… ou con Besteiro ???

 

O concello lugués do Valadouro ten novo alcalde (Edmundo Maseda, do PS de G-PSOE) desde hai dous días, despois de que unha moción de censura apoiada polo propio PSOE, o BNG e os independentes de Udival, botase fora do goberno ao PP, que se mantiña no poder desde hai 25 anos.

Pero se xa os días anteriores á celebración do pleno no que prosperou a moción, a TVG recolleu reiteradamente intervencións de membros do PP criticando o acordo de PSOE e Udival (se algún deles racha o pacto, deberá pagar 100.000 €), este mércores 5 de xuño o Telexornal mediodía volve ofrecer DECLARACIÓNS DO PP, NESTE CASO DA VOCEIRA DO PARTIDO EN GALICIA, PAULA PRADO, criticando novamente a moción, PERO CENTRÁNDOSE NO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO XOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO (PSOE):

http://www.crtvg.es/informativos/paula-prado-cualifica-de-traizon-a-mocion-de-censura-no-valadouro-601388

Días antes da moción, nos Telexornais da TVG xa se ofreceron opinións do secretario xeral do PP de Lugo, Xosé Manuel Balseiro, e do presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, ámbolos MOI CRÍTICOS CON GÓMEZ BESTEIRO. E non se deu ningunha declaración dos outros partidos.

A que ven agora insistir no do Valadouro e, sobre todo, nos ataques do PP ao presidente da Deputación de Lugo ???

Será coa intención de dinamitar e menosprezar a Gómez Besteiro, un dos candidatos para ser o próximo secretario xeral do PS de G-PSOE – e seica con bastantes posibilidades de ser elexido – ???.

Segue o descaro coa moción de censura no Valadouro

rp-valadouro2-24-05-2013

A TVG segue coa teima da moción de censura no concello lugués do Valadouro, onde PSOE, BNG e independentes pactaron para botar da alcaldía -despois de 25 anos de sucesivos gobernos- ao PP.

Pero a insistencia sobre o asunto é completamente TENDENCIOSA E PARTIDISTA. Seguir lendo

O descarado partidismo na moción do Valadouro

fotonoticia_20130114190444_500

 

O sábado 25 de maio, a CUARTA NOTICIA do Telexornal mediodía da fin de semana son unhas EXPLOSIVAS DECLARACIÓNS DE XOSÉ MANUEL BARREIRO (presidente do PP de Lugo) sobre a moción de censura no concello lugués do Valadouro.

 

Isa moción, acordada polo PSOE, o BNG e os independentes de Udival, botará da alcaldía ao actual rexedor, José Manuel Lamela (PP). PSOE e Udival decidiron que, se algún dos dous incumpre o pacto, deberá pagarlle á outra formación 100.000 euros.

 

No Telexornal da TVG, o presidente provincial do PP lugués despáchase a gusto dicindo que “se comprou un goberno”… que “o sr. Besteiro se converteu nun mercader da política”… e que “tense que pronunciar o sr. Rubalcaba”… e MESMO INSINÚA QUE TAMÉN PUIDO HABER PACTOS “ECONÓMICOS” NA DEPUTACIÓN E NO CONCELLO DE LUGO:

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-partido-popular-pide-explicacions-pola-mocion-de-censura-anunciada-no-concello-lugues-do-valadouro-593593

 

No TX da fin de semana NON SE OFRECE NINGUNHA OPINIÓN DE PSOE, BNG, NIN INDEPENDENTES DO CONCELLO, NIN POR SUPOSTO DE ALUDIDOS COMO BESTEIRO (PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN LUGUESA). SÓ SE DA A VERSIÓN DO PP.

 

E moitísimo menos se ofrecen as explicacións da voceira de Udival, Mª José Fernández Díaz, que exixíu a “clausula económica” PORQUE NO ANTERIOR MANDATO DO PP, UN PACTO SUBSCRITO COS CONSERVADORES -AVALADO POLO PROPIO XOSÉ MANUEL BARREIRO-, FOI INCUMPRIDO POLO PARTIDO POPULAR:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2013/05/24/pp-acusa-psoe-udival-poner-precio-alcaldia-valadouro/00031369413234064115217.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

 

É dicir, os independentes de Udival, escaldados polos incumprimentos do PP, asinan un pacto para que non se repita…

A mala intención coa moción de censura no Valadouro

O venres 24 de maio, só un día despois de que os partidos da oposición no concello lugués de Valadouro presentasen unha moción de censura contra o alcalde do PP, José Manuel Lamela (NOTICIA QUE NON OFRECEU A TVG), os Telexornais mediodía e serán SI DESTACAN QUE O PACTO entre o PSOE e os independentes de Udival contempla que se algún deles o racha, terá que pagar 100.000 euros.

      As informacións SÓ SE CENTRAN NESE ASPECTO DA MOCIÓN DE CENSURA, buscando dun xeito descarado que a xente interprete a moción de censura unicamente como de comenencia económica:
     Non se alude – por exemplo – a que o próximo alcalde, o socialista Edmundo Maseda, cobrará 15.000 euros ao ano (bastante menos que os 35.000 que cobra o actual do PP), e que a oposición (tamén está o BNG aínda que non entrará no goberno municipal) pretende cambia-lo estilo de goberno do PP, que seica ten o concello nunha situación de abandono e ingobernabilidade:
      Resumo: cando se presenta a moción de censura, NON SE DA NA TVG… E DESPOIS INFÓRMASE (con moita amplitude nos TX) “INSINUANDO” QUE O PACTO PARA BOTAR AO PP DA ALCALDÍA É SÓ ECONÓMICO…

A moción de censura contra o PP no Valadouro non existe

487344

 

O xoves 23 de maio, os grupos da oposición no concello lugués de O Valadouro, PRESENTAN UNHA MOCIÓN DE CENSURA CONTRA O ALCALDE DO PP, José Manuel Lamela. O PP leva 25 anos gobernando neste concello.

 

Da oposición, o PSOE ten tres concelleiros, os independentes de Udival 2, e o BNG 1.

 

O socialista Edmundo Maseda será -con case total seguridade- o novo alcalde de O Valadouro.

 

A noticia é destacada amplamente por numerosos medios de comunicación:

 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/252951-mocion-censura-pp-valadouro

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/23/psoe-recupera-valadouro-tras-25-anos-gobierno-pp/00031369306138835301706.htm

 

http://www.abc.es/local-galicia/20130523/abci-mocion-censura-valadouro-201305231326.html

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/23/galicia/1369319935_536954.html

 

http://radiolugo.info/mocion-de-censura-en-o-valadouro-para-desposeer-al-pp-del-gobierno-local-luego-de-25-anos/

 

Pero… A TVG NON DA ABSOLUTAMENTE NADA DESTA NOTICIA, NIN NO TX MEDIODÍA NIN NO TX SERÁN.