Os “comisarios” da TVG

ourense  orozcoespadasNoutro alarde de imparcialidade e de profesionalidade, o Telexornal Mediodia do 5 de xuño emitiiu un video sobre a remodelacion do goberno local de Lugo, a terceira nun ano.

http://www.crtvg.es/informativos/o-goberno-de-lugo-afronta-a-sua-terceira-remodelacion-601389

Ademáis, informou sobre a nova reprobación á que se vai someter o alcalde de Ourense, a segunda nun mes.

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-ourense-someterase-a-unha-nova-reprobacion-a-segunda-nun-mes-601390

Chama poderosamente a atención a presa e a insistencia coa que se abordan os “problemas” polìticos das cidades de Lugo e Ourense, e con que descaro se silencia todo o que acontece no de Santiago, onde goberna o PP.

Por ser breves, o seu alcalde tivo que demitir, o actual está imputado, hai outros cinco concelleiros tamen imputados e ata chegou a renunciar a entrar no goberno local o home que tiña que substituir o demitido concelleiro de seguridade.

Sería bo agardar da TVG o mesmo trato informativo para todos os concellos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s