A diferenza de trato entre Paula Prado e Orozco

paula-pradooprozoco

 

Martes, 25 de marzo: Levántase o segredo de sumario de novos tomos da investigación da coñecida como Operación Pokemon, con revelacións relacionadas, entre outros, con López Orozco, Pachi Vázquez, Fernández Liñares e Paula Prado. A TVG incide unha vez máis nas informacións que afectan a cargos socialistas.

 

Os pinchazos telefónicos implican á voceira parlamentaria do Partido Popular de Galicia en enchufes en Santiago. Para o Telexornal Mediodía a noticia, que se coñece desde o mediodía, non existe. En cambio si se informa das novas revelacións sobre o alcalde de Lugo e o ex-concelleiro socialista, Fernández Liñares.
O Telexornal Serán recolle a información sobre os políticos socialistas en titulares, nos que obvia as novidades sobre a voceira conservadora (minuto 2:00)
Máis tarde, conta con detalle a gravación na que o alcalde de Lugo lle ofrece un posto de traballo a un ex-axente da policía local e a investigación xudicial sobre a casa de Pachi Vázquez:
A continuación ofrécese unha reseña sobre as novidades relacionadas con Prado, a quen se lle gravou a seguinte frase sobre o ex-alcalde: “O pouco que fai Conde Roa cheira a pelotazo urbanístico”. Así se conta na TVG:
Unha vez máis, a diferenza do tratamento informativo é evidente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s