O venres 14 de marzo, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, intervén nos “almorzos da Asociación da Prensa da Coruña”, onde afirma que non lle gusta o anteproxecto de reforma da lei do aborto promovida polo seu compañeiro de partido e Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.
Arquivo por días: Marzo 14, 2014
Non importa que os nenos pasen fame
Xoves 13 de marzo. O xornal “La Voz de Galicia” publica unha entrevista con Helena Gómez, presidenta da Federación de asociacións de pais de alumnos de centros públicos da Coruña, na que alerta de que cada vez son máis os nenos que chegan ao colexio sen almorzar, e levan menos cantidade de merenda.
Segundo Gómez, a situación non se reduce a un so centro, se non que se repite en moitos porque bastantes familias non dispoñen de diñeiro nin medios para comprar alimentos.
E as duras críticas do alcalde de Muras (PP) á dirección do partido en Galicia?
Xoves 13 de marzo. O alcalde do concello lugués de Muras, Issam Alnagm, do PP, fai unhas duras e sorprendentes declaracións contra o seu propio partido. Fixoo en Lugo, onde acudíu a declarar como imputado pola trama das multas de tráfico que investiga un xulgado lugués.
Alnagm, de orixe siria e un dos máis veteranos alcaldes do PP en Galicia, declárase “fraguista” e di que “o PP é de Fraga, non desta xente que o ten secuestrado”. Tamén engade que os actuais dirixentes do PP en Galicia son uns “yeyés”, e que “xa botaron a Cacharro e a moitos fraguistas… e non van botar a máis”.