Paula Prado, a protexida

Paula-Prado_rolda (1)

 

Por segundo día consecutivo, tras o levantamento do segredo de sumario dunha nova parte da Pokemon, a Televisión de Galicia prioriza a información sobre a implicación de políticos socialistas. As novas sobre a voceira parlamentaria do Partido Popular, Paula Prado, quedan marxinadas nos Telexornais.

 

O Telexornal Mediodía só fala nos seus titulares do alcalde de Lugo (minuto 3:05)
Despois incídese na gravación na que o alcalde de Lugo, López Orozco, lle ofrece un posto de traballo a un ex-axente da policía local. Parte dela xa se emitira no Telexornal Serán do día anterior.
A continuación, infórmase sobre as novidades relacionadas con políticos do PP: Adrián Varela, Xerardo Conde Roa e Paula Prado, pero na presentación do video só se fala dos dous primeiros.
Dous dos partidos da oposición no Parlamento de Galicia pediron a demisión da número 3 do Partido Popular. A Televisión de Galicia non ofreceu esas declaracións. Si en cambio os demais medios.
En definitiva, novos exemplos da diferenza do tratamento informativo entre políticos do PP e políticos do PSOE.

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s