Arquivo por meses: Abril 2014
Ocultan récord histórico de parados en Galicia
Hoxe, martes 28 de abril, publicouse a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre do ano. Os datos de Galicia, malos. Sen paliativos, como reflicten todo os medios de comunicación de forma máis ou menos contundente. Seguir lendo
Os presuntos sobresoldos de Aznar pasan inadvertidos
O sábado 26 de abril El País da conta da sentenza xudicial que desestima a demanda do ex-presidente do goberno, José María Aznar contra ese xornal.
A loita dos enfermos sen recursos, marxinada
Mércores, 23 de abril: o PP impediu a aprobación dunha proposición do BNG destinada a mellorar a protección dos enfermos con poucos ingresos. A iniciativa promovéraa unha avogada e xornalista viguesa, Beatriz Figueroa.
A realidade é unha cousa e o que conta a TVG, outra
O telexornal do mediodía do 23 de abril recolleu, como todos os medios galegos, a demisión da concelleira do PP en Pontevedra, María Biempica.
Silencio ante a investigación a unha concelleira do PP
Mércores, 23 de abril: o xulgado envía á fiscalía un informe da Axencia Tributaria que denuncia a existencia de facturas falsas supostamente realizadas por unha concelleira do Partido Popular de Sarria para deducir gastos dunha das súas empresas.
Nin debate sobre a reforma da xustiza, nin tensión no seo do PP
Mércores, 23 de abril: Tensión no Parlamento de Galicia entre dous destacados membros do Partido Popular no transcurso dun tenso debate sobre a supresión dos partidos xudiciais.
Todo un clásico
As folgas na Sanidade tampouco interesan
Luns, 21 de abril: nin unha triste mención no telexornal do mediodía á convocatoria de folga nas Urxencias do Centro Hospitalario Universitario de Santiago para denunciar as graves deficiencias do servizo.
Nada sobre o acto preelectoral de AGE en Vigo

Debe estar conectado para enviar un comentario.