Arquivo por días: Marzo 11, 2014
Nada sobre un posible delito económico de Louzán
O martes 11 de marzo, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), acode a declarar diante do fiscal de delitos económicos, xunto coa súa muller, en calidade de “investigado” tras unha denuncia sobre tres locais da súa propiedade en Vigo.
Que trato tan distinto se o PP goberna ou é oposición !!!
Martes, 11 de marzo. O Telexornal mediodía ofrece ata seis informacións relacionadas co concello de Ourense, tras coñecerse que os nove membros da Xunta de Goberno no ano 2008 están imputados por prevaricación.
Entre eles figuran o actual alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, e dúas das súas actuais concelleiras, ademáis do ex-alcalde, Francisco Rodríguez, que dimitíu tras a súa imputación na Pokemon.
Segue a ocultación de noticias incómodas para o PP no concello da Coruña
Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.
Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.
Debe estar conectado para enviar un comentario.