O mércores 6 de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), comparece no Parlamento de Galicia para dar conta do orzamento dese organismo provincial para o ano 2014, que ascende a 146 millóns de euros.
Mentres Louzán falou de que a Deputación é “solvente” e mantén unha “política rigorosa”, a oposición lánzalle duras críticas. O PS de G-PSOE achacoulle “prácticas clientelares”; AGE acusouno de usar os cartos como se fosen do PP e non diñeiro público, e o BNG cualificouno de auténtico “cacique”.
Case todos os medios galegos falan da comparecencia, e fanse eco das declaracións de Louzán e dos membros da oposición:
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/11/06/louzan-anuncia-deuda-cero-2018/909447.html
Dicimos -unha vez máis- “CASE” todos os medios porque a TVG NON DA ABSOLUTAMENTE NADA NOS SEUS TELEXORNAIS MEDIODÍA E SERÁN.
Parece estrano porque -coma case sempre- poderían dar a noticia manipulada e dun xeito partidista a prol do propio Louzán e do PP… pero non.
Será unha estratexia para evitar dar a comparecencia de Gómez Besteiro (PS de G-PSOE) cando acuda a explicar os presupostos da Deputación de Lugo que preside… ???