TVG silencia a noticia e da a rectificación de Wert

 

wert

Primeiro ocultou a noticia, e cando se convertiu nun debate estatal do que era imposible fuxir optou por dar as reaccións.

O día 4, como xa dixemos neste blog, o Telexornal Serán non informa de que o ministerio de Cultura decide eliminar a aportación estatal da beca Erasmus a parte dos estudiantes que xa están cursando en diferentes países europeas.

O día 5, cando a polémica está en tódolos ambitos da sociedade e o propio ministro Wert explica a súa desición na COPE, o Telexornal Mediodía opta por das as reaccións: a versión do ministro, a do PP de Madrid e a de dous conselleiros da Xunta de Galicia (do PP, claro). Só unha opinión da oposición, a do PSOE, e moi por riba a postura dos grupos do Parlamento galego, todos, incluido, de novo, o PP, que non ve moi ben que a medida se tome na metade do curso, cando os estudiantes xa contaban coa axuda do goberno español.

Non aparece a opinión de ningún estudiante afectado, ningun pai de estudiante afectado, nadie da comunidade educativa, nin os rectores, nada da chamada de atención da propia Unión Europea á medida de Wert.

http://www.crtvg.es/informativos/fd:05-11-2013/fh:05-11-2013/q:/c:/p:33742/o:ASC

Sí se emite unha noticia “de apoio” que explica que os estudiantes con beca Erasmus teñen outras axudas, ademáis da que Wert acababa de eliminar.

http://www.crtvg.es/informativos/como-e-o-sistema-de-bolsas-erasmus-693914

Pouco despois de todas estas explicacións a unha decisión criticada ata por concellos e sectores do PP, Wert rectifica, e anuncia que a aportación estatal as becas Erasmus se vai manter para todolos estudiantes este ano.

http://www.crtvg.es/informativos/como-e-o-sistema-de-bolsas-erasmus-693914

E o Telexornal Serán, que o día anterior non informara de que se eliminaba esa aportación, informa agora da rectificación.

http://www.crtvg.es/informativos/fd:05-11-2013/fh:05-11-2013/q:/c:/p:34240/o:ASC

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s