Canal 9, o servizo público e os “carroñeiros”

        
Este blog naceu e desenvólvese coa finalidade de defender o servizo público da CRTVG e, en consecuencia, a veracidade informativa, a pluralidade, a neutralidade e, en definitiva, a dignidade e honestidade coa que debemos tratar e dirixirnos á cidadanía galega.

           E como ese debe ser o obxectivo de todos os medios públicos, DESDE AQUÍ MOSTRAMOS A TOTAL SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS DE CANAL 9 (os que están agora e, por suposto, os expulsados polo ERE), QUE SE VEN AFECTADOS DUN XEITO TERRIBLE POLA PÉSIMA XESTIÓN E O SERVILISMO POLÍTICO DOS SEUS DIRIXENTES, E POLAS CORRUPTELAS ECONÓMICAS DOS POLÍTICOS NA COMUNIDADE VALENCIANA.

            Dito esto, destacar desde aquí o papel desenvolvido pola nosa compañeira Raquel Lema (presidenta do comité intercentros da CRTVG) no programa “Vía V” de V Televisión o mércores pola noite.

Nese espazo, Raquel Lema defendeu esplendidamente o papel que debe xogar en Galicia a CRTVG, salientou o labor deste blog na súa función de denuncia da manipulación informativa, e deixou caer que as televisións privadas (como a da Voz) non son paradigma de neutralidade nin de boa xestión. A intervención da nosa compañeira -por teléfono- comeza ao redor do minuto 44’15”:

              Ademáis de emitir videos e datos que “DEMONIZAN” ás televisións públicas nese programa, horas despois, na propia web plantexábase unha enquisa igual de “capciosa”: se as televisións públicas debían existir…
               E o xornal “La voz de Galicia”, tanto en papel coma en internet, insiste en citar a cantidade que aporta a Xunta para a CRTVG, e publica mentiras e falacias como a cifra de persoal, ou o gasto nos salarios dos traballadores:
                   Esta actitude XA DEBERÍA TER SIDO CONTESTADA DESDE A DIRECCIÓN XERAL DA CRTVG, pero como non é así, desde “eunonmanipulo” recuperamos case integramente un artigo publicado o pasado mes de xuño, para DESENMASCARAR A MEDIOS “CARROÑEIROS” COMO “LA VOZ DE GALICIA” QUE SÓ PRETENDEN SACAR TALLADA DO GOBERNO DA XUNTA, E APROVEITARSE DUNHA POSIBLE “CAÍDA EN DESGRAZA” OU MESMO PECHE DA TVG. Foi este:

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/14/en-defensa-da-crtvg-ante-os-ataques-desleais-de-la-voz/

                  Desde este blog, nunca nos cansaremos de repetir que o obxectivo do mesmo é conseguir desterrar dunha vez por todas a manipulación na TVG, o partidismo político e o ridículo informativo que denigran este servizo público TAN ESENCIAL PARA GALICIA.
                 PRETENDEMOS QUE AS GALEGAS E GALEGOS SE SINTAN ORGULLOSOS DA SÚA TELEVISIÓN, E PARA LOGRALO HAI QUE TRABALLAR DESDE A HONESTIDADE, O COMPROMISO PROFESIONAL E A DECENCIA E SERIEDADE PARA OFRECERLLES TODOS OS DÍAS NOTICIAS VERACES E ANÁLISES IMPARCIAIS DO QUE ACONTECE DENTRO E FORA DO NOSO PAIS.
               Niso estamos desde “eunonmanipulo”, para defender, prestixiar e darlle credibilidade á TVG, para que sexa un exemplo.
               E precisamente desde ese plantexamento queremos REXEITAR NOTICIAS E ACTITUDES PROCEDENTES DALGÚN OUTRO MEDIO DE COMUNICACIÓN PRIVADO QUE PRETENDE DENIGRAR Á TVG, CANDO REALMENTE SE NUTRE E MESMO CASE SOBREVIVE GRAZAS A ELA…
              Falamos de “La Voz de Galicia”, que no xornal do xoves 13 de xuño, ofrece unha información na que salienta que “a metade do presuposto da CRTVG vaise en pagar as nóminas dos traballadores…”
             O dato é falso, porque nese apartado están incluidas as indemnizacións, atrasos ou compensacións económicas correspondentes a sentenzas xudiciais favorables aos traballadores da CRTVG. Sentenzas que, nos últimos tempos, foron numerosas.
             E, finalmente, o dato que fai máis notoria a contradición da “Voz”:  O grupo (xornal, produtora audiovisual e televisión) SOSTENSE PRACTICAMENTE POLOS CONTRATOS QUE OBTÉN DA TVG, SOBRE TODO NAS SERIES DE FICCIÓN (COMO PADRE CASARES OU MATALOBOS). A PRODUTORA DA VOZ COBRA DA TVG POR CADA TEMPORADA VARIOS MILLÓNS !!!!!.
            Sen eses ingresos, obviamente a produtora da Voz non existiría… seguramente tampouco V Televisión… e mesmo o xornal en papel tería enormes dificultades para sobrevivir…
            Son “pinceladas” que desbaratan o intento de “La Voz de Galicia” de desprestixiar á CRTVG, UNHA EMPRESA CLAVE PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL, CULTURAL E INFORMATIVO DE GALICIA, QUE DESDE AQUÍ SEMPRE DEFENDEREMOS, E POLA QUE TRABALLAMOS A COTÍO CO NOSO MELLOR DESEMPEÑO E PROFESIONALIDADE.

SI Á CRTVG, NON AOS  QUE BUSCAN TALLADA SEN IMPORTARLLES NIN O SERVIZO PÚBLICO NIN OS TRABALLADORES.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s